image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Presentación de A ansia do lóstrego de Medos Romero



Tal e como estaba previsto tivo lugar esta presentación o venres 12, ás 20 horas. O público encheu a Galería Sargadelos e escoitou atentamente a explicación da poeta sobre as causas que provocaron este poemario: o tempo de desconcerto orixinado pola explotación mineira e o espolio dos nosos recursos, a cavilación sobre o que fixeron de nós e o que vai ser de nós tamén e a ausencia da nosa propia historia, que nos muda case nos nosos peores inimigos, para  empregarmos versos da propia poeta. Foron moitos os libros asinados pola autora para os alí presentes.


Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário