image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Medulio coa defensa da mellora dos servizos e as infraestruturas ferroviarias



Medulio, como integrante da Plataforma en defensa dos camiños de ferro, participou na viaxe reivindicativa en tren  a Pontedeume. Máis de cen persoas viaxaron no tren que saíu ás 17.30 da estación de Ferrol, onde a representante da Plataforma, Marta Xen, acompañada, de membros de Medulio, Adega e do BNG, explicou o sentido deste acto: a reivindicación de que, no canto de reducir servizos a Coruña ( de cinco a tres diarios en ambas direccións), como está previsto para xuño, se melloren en frecuencia e calidade, e a necesaria modernización da infraestrutura para poder chegar a Coruña en 45 minutos, no canto da hora e vinte actuais, fundamentalmente.


Xa en Pontedeume, os participantes andiveron até Breamo por camiños e corredoiras desde as que se contemplan paraxes naturais de grande fermosura e visitaron a Igrexa románica, explicada tamén por Marta Xen, licenciada en Humanidades. Unha vez recuperadas forzas, baixouse novamente á vila por outro percorrido distinto, máis directo, que valeu para termos outra dimensión do espazo e da natureza que a conforman. No tren das 21.20 horas, con chegada a Ferrol ás 21.45, regresaron os participantes, satisfeitos dunha xornada que combinou reivindicación e coñecemento do noso patrimonio natural, histórico e artístico.


Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário