image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Presentación de A ansia do lóstrego, de Medos Romero, o día 12 de abril, ás 20 horas na Galería Sargadelos


A Sociedade Cultural Medulio síntese moi honrada de presentar o último libro da poeta e narradora Medos Romero, que conta xa no seu haber cunha ampla obra de recoñecido valor. A ansia do lóstrego é un poemario que nos fai vivir e sentir a enorme ferida na terra das Pontes e o tremendo espolio dos nosos recursos naturais, con  espírito de elexía, pero tamén de incitación ao compromiso e á rebeldía. 

O acto comezará cunha proxección sobre as aldeas das Pontes desaparecidas por mor da explotación da mina a ceo aberto, un territorio semellante a todo Betanzos ou todo Cambados, segundo palabras da porpia poeta, e tamén sobre a  actividade mineira, imaxes que se acompañarán con música. A seguir Medos Romero recitará algúns dos poemas do libro. 

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário