Co gallo de facilitar un achegamento e disfrute persoal das Artes Plásticas, na sua compresión máis íntima e gozosa: a práctica persoal das mesmas; e tentando suplir esta caréncia formativa no indivíduo (Ah! A - oficial - escola ... sempre tan preocupada polas linguaxes verbais e numéricas) é polo que apresentamos este Curso de Iniciación á Práctica da Pintura.
Unha ferramenta eficaz e lúdica coa que - doadamente - tumbar as "infranqueáveis barreiras" entre a criación artística e a cidadania do común.
Asín, pitoricamente, iremos - pouco a pouco - accedendo e interiorizando as cuestións teóricas básicas {perspectiva e volume, analise dos obxectos, a cor, a composición} a través da práctica das técnicas máis habituais {lapis, sépia e sanguina, pastel, óleo, collage} executadas sobre os xéneros clásicos {naturezas mortas, interiores, paisaxen, figura humana, retrato} da pintura ocidental.
O devandito curso, impartido por Ladislau da Regueira, está inicialmente dirixido a maiores de 18 anos; prevendo o seu início no més de Xaneiro e o seu remate cara Xuño, en quatro aulas mensais - a razón de unha á semana - cunha duración de trés horas por aula.
Pense @ furur@ alun@ duvidativo das suas capacidades plásticas que é mais doado debuxar ca escrever: a escrita exixe a asimilación dun amplísimo código abstrato de símbolos, fonemas e significados; o debuxo exixe delimitar traves de liñas e de manchas un obxeto real, comprensível visualmente.
E para así verifica-lo, se adxunta un documento PDF para amosar o que supon un més de curso (4 aulas, 5 debuxos) en cinco persoas distintas.
0 comentários:
Postar um comentário