Desde a Sociedade Cultural Medulio organízase, para o vindeiro martes 4 de decembro ás 20h na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, unha palestra sobre a situación política do Estado Español e das alternativas das organizacións sindicais e políticas nacionalistas para unha mudanza constitucional favorábel ao pobo galego.
Nela participarán representantes de distintas organizacións nacionalistas:
- Suso Seixo (CIG).
- Rosana Pérez (BNG).
- Bruno López (Nós-UP).
- Manuel Pazo (Anova).
- Joán Peres Lourenzo (Causa Galiza).
0 comentários:
Postar um comentário