O día 12 de marzo celebrouse a segunda palestra sobre a Historia de Benito Vicetto, dentro do ciclo sobre o escritor, organizado por MEDULIO e FERROLTERRA ANTIGA, co gallo dos douscentos anos do seu nacemento. Versou sobre a etapa da Idade Moderna e da Contemporánea, estando a cargo respectivamente de Rubén Labisbal e Manuela SAantalla. O salón do Antigo Hospicio volveu encherse de público. Rubén Labisbal foi sinalando todos os episodios e personaxes que demostran que, malia a doma estabelecida polos Reis Católicos sobre o reino de Galiza, este seguía a ter unha dinámica política propia e sectores das clases dirixentes desacougados e contestatarias en relación co papel a que estabamos sometidos dentro da monarquía dos Austrias e e dos Borbóns. Manuela Santalla explicou as raíces liberais do pensamento e da concepción histórica de Vicetto a través da súa forma de interpretar os movementos políticos do século XIX e tamén a súa visión favorábel a que a muller participase dos dereitos políticos dos cidadáns.
CONVERSATION
Assinar:
Postar comentários
(
Atom
)
0 comentários:
Postar um comentário