Medulio participou o día 23 de marzo ás 12 da mañá no homenaxe a Carvalho Calero, organizado polo BNG de Ferrol, a carón da casa natal, en ruínas, do escritor en Ferrol Vello. No acto recitaron poemas Loreto de Castro e Luisa Sánchez Meizoso, e interveu o portavoz ddo BNG no concello, Iván Rivas, quen reivindicou, máis unha vez, que se cumpra o compromiso da restauración da casa do escritor e a súa dedicación a usos culturais relacionados coa súa traxectoria vital e a súa obra. O acto rematou cunha ofrenda floral e a entoación do himno galego.
CONVERSATION
Assinar:
Postar comentários
(
Atom
)
0 comentários:
Postar um comentário