image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

O CARRABOUXO ENTRE NÓS

O sábado, día 10 deste mes de marzo, inaugurouse a exposición de viñetas de O Carrabouxo (40) na Sala Julia Minguillón do Torrente Ballester, que permanecerá até o 9 de abril. Trátase dunha antoloxía, moi sintética, claro está, do humorismo gráfico que Xosé Lois González Vázquez, O Carrabouxo, espallou na prensa escrita. O propio autor explicou ao público asistente cal era a intención que nutría as súas ilustracións, feitas desde a consideración de ver o mundo desde Galiza, isto é, tomando o pobo galego como centro de experiencia universal e balcón desde o que observar a humanidade, pois dela formamos parte. Realmente, é este o personaxe máis popular creado polo seu autor, como expresión da psicoloxía e pensamento dun galego, home popular, sabio pola experiencia da vida, cauto pero incisivo ideoloxicamente, que nos vai espindo a realidade das vendas que a encobren. Puxo varios exemplos entre as viñetas que alí se poden contemplar, aclarando en que contextos socio-políticos foron orixinadas. A presidenta da Sociedade Cultural Medulio, Elia Rico, manifestou a súa satisfacción e a da sociedade que preside por colaborar ao recoñecemento público dun artista, ilustrador e humorista que forma parte do mellor acervo que, neste campo, ten producido a cultura galega. En liñas similares, expresouse o concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol, Ponte Far, institución que concedeu o espazo para realizar a exposición.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário