image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Un informe demoledor

Fai unhas semanas o IPCC da ONU avisaba, de que estamos a un paso de traspasar a liña vermella que nos separa da nosa propia extinción como especie do planeta. Un informe que deixa claro desta vez, que o cambio climático xa está aquí desde fai un tempo e que este é exclusivamente provocado pola acción humana. Atopámonos na actualidade con un planeta que está totalmente sobre explotado, que está totalmente exhausto por mor do noso sistema de vida, dos derradeiros dous centos anos. En pouco máis de 200 anos, unha parte da humanidade que non representa máis que o 20% desta, consumimos a maior parte da riqueza medio ambiental que a Terra tiña gardada desde os seus orixes e que as nosas devanceiras tan agarimosamente coidaron e conservaron, coa única finalidade, de deixar este legado ás xeracións futuras. A Terra está a dicir basta e o está a dicir de xeito totalmente claro, como estamos a observar nos derradeiros anos, coa cantidade de fenómenos meteorolóxicos extremos, que estamos a sufrir de xeito continuado. Tamén nolo están a dicir outras especies, como puidemos comprobar nos derradeiros días na comarca. A aparición de multitude de cangrexos mortos na zona de Valdoviño, aínda que é prematuro poder afirmar as causas desta morte colectiva ,con certeza que o cambio climático e a man do home, levan unha gran parte da responsabilidade. Máis por desgraza, parece que o poder económico, o cal, é o que manda no planeta, segue a xogar ao mesmo xogo, no que o seu único interese, é obter os máximos lucros posíbeis, a costas do que falla falta e sen mirar as consecuencias do seus actos. Porque a humanidade deberíamos enterrar a palabra Democracia, xa que, esta leva uns cantos anos R.I.P para empezar a usar a palabra Corporocracia, xa que, esta define máis claramente, a realidade de quen manda no planeta. E digo isto, xa que estannos a enganar unha vez máis, dicindo que todo o problema medio ambiental que está a sufrir a Terra, solucionase, coa electrificación das nosas sociedades. Unha electrificación que non vai ser posíbel sen os minerais, os cales, van ser necesitados en inmensas cantidades. Isto vai traer consigo un aumento espectacular da minería moita dela a ceo aberto e nun futuro inmediato nos fondos mariños, con todo o que isto supón, para a natureza, para a biodiversidade, en definitiva para a propia supervivencia da vida tal e como a coñecemos. En conclusión, nós o 20% da humanidade termos nas nosa mans, darlle como se di vulgarmente a volta a tortilla. Debemos ser conscientes da situación e practicar outro modelo de vida desde diferentes eidos: • Cambiando a mobilidade por unha forma de transportarnos respectuosa co medio ambiente. É dicir, nada ou pouco contaminante( bicicleta, transporte público-tren a ser posíbel- camiñada, patinete eléctrico etcétera). • Cambiando o nos xeito de alimentarnos: Reducir drasticamente o consumo de carne sobre todo vermella, aumentar o consumo de legumes e sementes, aumentar o consumo de froitas e verduras locais e de tempada etcétera. • Cambiar o noso xeito de ocio. En verdade necesitamos ir a Vietnam ou a Cuba e o sintoo pola admiración que proceso ao sistema político cubano, cando termos a Fonsagrada, Allariz ou termos a posibilidade de percorrer e coñecer en profundidade San Sadurniño o Monfero entre outros moitos lares. Necesitamos mercar habitualmente produtos, os cales moitas veces non saen dos armarios, ou acaban ás poucas semanas no fallados das casas. Necesitamos realmente cambiar algún dos aparellos das novas tecnoloxías senón termos un traballo específico en audiovisuais ou cartelaría, que é o que maior demanda de recursos esixe aos aparellos • Realmente necesitamos ter fillas propias, cando hai tantos nenos no mundo sen nais e pais e con certeza imos acabar querendo-las igual, que se foran “nosas”. Xa para rematar é incuestionábel que o problema do planeta son os gases de efecto invernadoiro (GEI) mais isto non é o único. As galegas debemos ser valentes e dar un xiro de 90º ao noso xeito de estar no planeta. Debemos reducir moitas cousas e buscar novos xeitos de vida, onde o desfrute pola natureza ou ben común e colectivo, o deporte sen competición, a meditación grupal para mellorar como especie e como sociedade, mellorar a cotío a nosa educación e favorecer e promover o coñecemento, son cuestións que deben coller valor e predominar na nosa futura vida, se queremos continuar a nosa evolución como humanos neste planeta. MIGUEL ANJO GONZÁLEZ GARCÍA Nota: Os opinións publicadas nos artigos do blog da Sociedade Cultural Medulio son responsabilidade dos autores dos mesmos

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário