image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

AUTO-EXTINCIÓN II

Fai uns días, coñecíase nun medio de comunicación alternativo, que perto de 7 mil toneladas de pesticidas ou máis ben biocidas(xa que este e o nome verdadeiro, matadores da vida) mortais prohibidos na UE, foron a parar aos países de MERCOSUR entre o 2018-2019. Soamente a multinacional alemá BASF, exportou perto de 600 toneladas nos últimos tempos, a estes países, do produto Finopril. Produto prohibido na UE desde finais do 2013. Cabe dicir que o estado español, opúxose ferozmente, contra esta prohibición. Na Galiza, o Sr Feixoo, ofreceuse como non, a coller as reservas deste produto dos almacéns da multinacional, para bota-lo nos nosos montes, antes de que o prohibiran e unha das zonas escollidas para bota-lo, eran os montes do Ortegal. Adega fixo por aquel entón, unha campaña moi forte contra isto, xa que, ademais de ser mortal coas avellas e outras especies, é moi tóxico para a saúde humana. O xeito de botalo era por medio aéreo, co cal podía ser, que o pantano das forcadas, que é de onde consumimos a auga a maior parte desta comarca, vérase afectado. Compre sinalar, que estes produtos que exportamos prohibidos na UE e que teñen uso agro-gandeiro, despois vólvennos de volta, nas froitas, verduras e carnes que importamos destes lugares. A raíz disto, varios países da UE, están a falar nas derradeiras semanas, de que van a prohibir todos os produtos do sector da alimentación que veñan con trazas, destes biocidas prohibidos en Europa. Porque o cinismo das nosas sociedades, falo dos gobernantes e das superpoderosas multinacionais farmaceuticas é tal, que estamos a exportar os xeitos de agricultura e gandería totalmente insáns co medio ambiente. Dicía un dos grandes da Socioloxía alemana, da Socioloxía europea(Stephan Lessenich), que o éxito da nosa sociedade, é externalizar todo o que non desexamos para nós, como por por outro exemplo aparte dos biocidas, determinados residuos( electrónicos. nucleares ecétera). Porque é indubidábel que unha parte da desfeita na que está o planeta, é por culpa do modelo de negocio no sector alimentario, onde 4-5 multinacionais teñen beneficios escandalosos e inigualábeis por ningunha outra compañía e outras como as farmaceúticas, todas teñen a rama do negocio agro-gandeiro, tamén gañan mais cartos coa alimentación, que investigando e sacando insumos para a saúde humana. Xa para rematar, ou a clase política aborda o maior desafío no que está A Terra, deixando de lado os lucrativos beneficios de uns poucos, ou teremos que seguir o camiño da propia auto extinción do noso planeta. Nota: Os opinións publicadas nos artigos do blog da Sociedade Cultural Medulio son responsabilidade dos autores dos mesmos

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário