image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

PRESENTACION DO VIDEO CARVALHO CALERO SEMPRE CON GALIZA

O día oito de xuño, ás 20 horas, como estaba previsto, desenvolveuse no salón de actos do Antigo Hospicio, co aforo cuberto, a presentación do video Carvalho Calero sempre con Galiza. Correu por conta dos seus autores, Pilar García Negro e Manuel Castelao, antes de ser visionado polo público asistente. A asistencia gostou do que víu e escoitou pola súa calidade informativa e técnica: unha moi ben enfiada explicación da vida e da obra de Carvalho nun formato, en aparencia convencional, pero de grande rendemento comunicativo, grazas á intensidade das intervencións da profesora García Negro e do profesor Castelao, que se alternaban para tratar diferentes aspectos, logrando unha visión global moi clarificadora. A seguir houbo o recitado de dous poemas de Carvalho por parte dun asistente, Eduardo, que recibiu un forte e merecido aplauso, e logo un longo coloquio, que rematou pasadas as 22 horas.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário