image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Consumir menos para vivir mellor.

Os novos estudos sobre o cambio climático, están dando resultados, que as científicas xa vían vir desde fai tempo. Aínda que hoxe mesmo deixásemos de emitir gases de efecto invernadoiro (GEI), a temperatura da nosa nai terra seguiría aumentando durante moitos anos. As conclusións ás que están chegar as expertas din, que o acordo de París quedase pequeno e que termos que ser máis ambiciosos, se queremos que a Tª da Terra non supere os 2ºC para fin de século. É indubidábel, que quen ten responsabilidade nisto e capacidade para levalo a cabo, son os nosos gobernantes, máis nós a cidadanía podemos facer moitas cousas, primeiro para mitigar dentro das nosas posibilidades o quecemento do planeta e logo para forzar a clase política, a tomar decisións valentes que miren primeiro de nada pola saúde do planeta e como non, pola saúde de todo-las súas habitantes. E un dos xeitos máis importantes que nós temos para conseguir isto, é reducindo o noso consumo, en todo aquilo que sexa posíbel. Xa desde fai uns cantos anos sábese por estudos de psicoloxía social, que os países que dan índices mías elevados de felicidades entre as súas cidadás, son países os cales non teñen moita capacidade de consumo. Pola contra os países que mais insatisfación demostran por parte das súas habitantes, son os países mal chamados desenvolvidos. Nestes países entre os que se atopa Galiza, os problemas psicolóxicos como depresións, ansiedades e outros trastornos psicolóxicos e da conducta, están a orden do día, algo chocante se termos en conta, a nosa opulencia para posuír todo tipo de mercadoría, a nosa opulencia para mercar a felicidade. Porque nas nosas sociedades supostamente avanzadas, a palabra felicidade, pasou a ser propiedade das grande multinacionais, que nola dosifican en pequenas doses todo-los días. Máis a realidade, é que aquel vello dito “os cartos non dan a felicidade”, parece que a ciencia xa vai un tempo demostrou que é realidade. Porque o problema que está a producir este consumismo e terríbel para o medio ambiente , para as outras especies e para nós mesmas. Un consumismo que aboca á miseria a unha gran parte de países coas súas cidadás, un consumismo que esta a facer multi-billonarios a uns poucos, fomenta a insatisfación de moitas, converte en un estercoleiro os nosos océanos e espazos naturais e esta a esgotar a pasos axigantados os recursos do planeta. Hoxe en día para o consumo das nosas sociedades opulentas, extráense case un 60% de mais materias primas, que fai 30 anos, con todo o que isto supón. Porque non se trata de non consumir, senón de consumir menos pero mellor. Tratase de consumir o que realmente necesitamos e que isto sexa de calidade. Temos que esquecer o chip, que non fai moito implantáronnos na nosa cultura, de mercar barato- usar e tirar. Termos que volver as costureiras de toda-la vida, á zapateira, as tendas de segunda man, ao préstamo de todo tipo de aparellos, a crear asociacións para a reparación do electrónico, a consumir local e de temporada, a consumir na tenda de toda-la vida, a compartir, a mercar menos pero mellor, etecétera... En definitiva temos que deixar respirar e descansar á nosa nai terra. MIGUEL ANJO GONZÁLEZ GARCÍA Nota: Os opinións publicadas nos artigos do blog da Sociedade Cultural Medulio son responsabilidade dos autores dos mesmos

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário