image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

MEDULIO recupera a actividade con Carvalho Calero

Coincidindo co aniversario da morte de Ricardo Carvalho Calero, o 25 de marzo, MEDULIO recuperou a súa actividade presencial cun vídeo, co título Tempo para esperanza, que recolle unha selección da entrevista que Francisco Salinas lle fixo en 1989 un ano antes de morrer oprofesor e escritor. O aforo do salón de actos do Antigo Hospicio, conforme ás normas Covidi, ficou cuberto pola asistencia. Presentou o acto Xoán Costa, responsábel con Francisco Rodríguez, da selección realizada para reducir a entrevista de cinco horas a 40 minutos. Medulio decidiu continuar coa súa actividade cultural presencial a partir de agora, sempre que as circunstancias sanitarias o permitan. Carvalho Calero e a súa obra seguirán a ocupar parte importante da nosa atención.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário