image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

REFORMULAR A ATENCIÓN PRIMARIA.

REFORMULAR A ATENCIÓN PRIMARIA.

A Covid-19 veu a modificar as nosas vidas en moitos aspectos. Desde desmobilizar a sociedade ata cambiar os nosos hábitos de vida e consumos. Máis no referente a atención primaria en sanidade o que está a facer o goberno galego, é desmantelala aínda máis, se con certeza algunha vez tivemos unha verdadeira atención primaria, a cal, é a base do sistema sanitario. O goberno do PP o que está a facer aproveitando a Covid é que a xente non teña outro remedio que irse a sanidade privada, xa que, ninguén pode sentirse ben atendido por medio do telefone. As propias profesionais médicas e sanitarias, están a avisar deste desastre programado a traizón por Nuñez Feixoo e o seu goberno, que sigue a negar recursos de todo tipo á sanidade publica e ao mesmo tempo, dota de recursos públicos a sanidade privada.

Máis o motivo de este artigo é que hai que cambiar o concepto polo que entendemos a atención primaria en saúde. Desde sempre esta atención baseouse, en diagnosticar os problemas de saúde das doentes que acoden as consultas, para podelos tratar polas médicas de atención primaria ou derivalas aos especialistas. E isto é entender este servizo esencial e básico do xeito non correcto, xa que só estase a dirixir a atopar as patoloxías nos doentes que acoden ao ambulatorio para tratalas.

A atención médica primaria teñen que estar en primeiro lugar:

        Nas comunidades, nos barrios, nos colexios, etcétera falando en primeiro lugar de como previr as doenzas. Teñen que ensinar á poboación os estilos de vida correctos desde o culinario, hábitos, consumos... ata o modo de moverse para deste xeito, conseguir ter unha poboación concienciada e coñecedora da importancia da súa saúde persoal. Para isto teñen que estar en contacto coas AVV, co profesorado, con cociñeiros, con monitores físicos e de tempo libre, coa policía municipal etcétera. En definitiva coas diversas axentes sociais, para deste modo coordinar este traballo que é básico e esencial como é a prevención.

         En segundo lugar, teñen que existir leis para todo isto, que favorecen e lle dean prioridade aos hábitos saudábeis e penalicen os insáns como por exemplo maiores, taxas ao tabaco non só na parte do consumidor senón tamén as compañías de tabaco, maiores restricións para poder fumar, taxas aos alimentos máis azucrados, redución das cantidades de azucre, por exemplo nos cafés, xunto coa obriga de pagar quen quixer un extra a maiores, taxas ao álcool, leis que favorezan o transporte a pé, en bicicleta ou transporte público e ao mesmo tempo, dificultar o uso do coche particular, taxas aos alimentos industriais e prohibición de certos compostos neste tipo de alimentos etcétera.

        por ultimo, que as nosas medicas teñan contratos estables e non precarios, con salarios dignos, que os cursos de reciclaxe e actualización corran a cargo do goberno, que estean en contacto de xeito continuo con diferentes especialidades, como as endócrinas, dietistas, fisioterapeutas, psicólogas, diminución da ratio de pacientes asignadas a cada profesional e máis tempo de consulta por cada paciente, posibilidade de pedir elas mesmas as probas específicas e un longo etcétera.

Porque isto que estou a escribir, non é que se me ocorrese a min esta tarde. Isto é o que esta a dicir a OMS e diferentes asociación medicas que buscan realmente a boa saúde da poboación, por todo o planeta se verdadeiramente queremos ter unha sanidade e unha atención primaria de calidade e eficiente. Porque se levamos esta reformulación da atención primaria, o custe de todo isto vai ser moito menor con diferencia ao custe actual de tratar  múltiples patoloxías que poden verse reducidas nun número significativamente maior aplicando estas estratexias.

“A maior das tolemias é sacrificar a saúde, por calquera outro tipo de felicidade”        

                                                                                 (ARTHUR SCHOPENHAUER)

   

                                                            Asdo:  MIGUEL ANJO GONZALEZ GARCIA


Nota:As opinión dos artigos publicados no blog da Sociedade Cultural Medulio son responsabilidade dos autores dos mesmos

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário