image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Presentación do número 2 da revista Follas Novas



O 25 de abril, no Antigo Hospicio, decorreu a presentación da revista da Fundación Rosalía de Catro, FOLLAS NOVAS. Participaron Anxo Angueira, presidente da Fundación, Xosé L. Axeitos, director da revista e académico da RAG, Pilar García Negro, do seu consello de redacción,  e Francisco Rodríguez, do seu comité científico. Rosalía e a súa obra, segundo análises destas persoas, reputadas rosalianistas, foron obxecto das intervencións, conforme os artigos da súa autoría, se ben aproveitando para facer unha valoración do significado e a figura da escritora no actual contexto. 


Puxo a guinda a actuación de Xoán Padín, voz, e Moncho do Orzán, acordeón. Foron un poema de Cantares Gallegos, a parte IV de "A gaita gallega", e tres de Follas Novas, "No ceo, azul clarísimo...", "Por que, miña almiña...", e "Vamos bebendo". Anexamos gravación da primeira e da última.


 



Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário