image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Maio reivindicativo no barrio de Canido

A Sociedade Cultural Medulio, que forma parte da Comisión que traballou para recuperar a memoria da revolta das mulleres en marzo de 1918, en Trasancos, contra a carestía da vida, considerou que os maios eran unha boa ocasión para dar a coñecer a nosa historia oculta e ignorada, á vez que lembrar e honrar a todos e todas as que padeceron represión, a comezar polos asasinados e asasinadas, pola garda civil e a policía gobernativa, por defenderen unha vida digna. 


Como queira que as mulleres de Canido tiveron un papel moi relevante nesta revolta, como as dos demais barrios populares de Ferrol e dos concellos da comarca, artellamos o maio que vedes xa desde o día catro, e repartimos o día 5 folletos informativos ao respecto.

A imaxe de Rosalía é un gravado obra de Tareixa Barrós

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário