image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Programación maio: Medulio na rúa

Este mes de maio MEDULIO estará presente en actividades de rúa, de forma prioritaria, vinculadas á promoción da cultura popular e tradicional, á defensa dos nosos dereitos lingüísticos como pobo e á difusión fóra de Ferrol dalgunha das nosas creacións artísticas. Así estaremos
 
DÍA 4, 5 e 6, barrio de Canido, presenza cun maio dedicado á revolta popular, coas mulleres na vangarda, acontecida en marzo de 1918 na comarca de Trasancos, en protesta pola carestía dos artigos de primeira necesidade, cunha ducia de persoas mortas e moitas feridas....
 
Día 17, participación con pancarta na manifestación de Queremos Galego!, plataforma da que formamos parte, en Santiago de Compostela.
 
DÍA 24, o espectáculo musical, baseado en poemas de Eduardo Pondal, PONDALIANA, deseñado por MEDULIO co gallo dos cen anos do pasamento do autor, estreado no Jofre de Ferrol, en xuño de 2017, representarase no ÁGORA da Coruña.

Para o mes de xuño estanse planificando tres actividades de grande calado e  interese referidas á situación política no estado español, á historia da Galiza medieval e á poesía dos nosos clásicos musicada, das que daremos conta na segunda semana de maio-

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário