image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

ESTOURIDO DE ARTE COS SOÑOS NA GAIOLA COMO MOTOR

 

 Láminas de Leandro Lamas alusivas aos poemas do libro de Manuel María adornando a sala, o pintor elaborando ao tempo outra para sortear entre o público asistente. Interesantes intervencións de Manuel Rei,  Alberte Ansede,  Montse Pena e Saleta Goi verbo dun libro para nenos que marcou un fito na literatura galega pola súa penetración na sociedade, especialmente no mundo escolar. 

 
E finalmente, música orixinada en base a catro dos seus poemas, O arco da vella, A Lúa, Señor Gato e Galiza, a cargo da voz de Lidia Piñeiro, coa súa guitarra, a percusión e gaita de Alberte Maceiras e o violino de Nélida Santiago, que encantou as persoas alí congregadas.
 
 
Non puido haber mellor ramo para un acto que acugulou a sala do Antigo Hospicio. Ilustramos esta información con fotos das láminas,  da palestra e da actuación musical. Medulio agradece a todas as persoas que fixeron posíbel,coa súa participación activa, esta lembranza dos 50 anos dos Soños na Gaiola, en especial á Fundación Manuel María, con Saleta Goi ao fronte, a Leandro Lamas e a Lidia Piñeiro, sempre disposta a asumir retos con urxencia, a Alberte Maceiras, tan colaborador como paciente, e a Nélida Santiago, tan noviña como profesional.
 
 

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário