image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Revolta Popular: Salón de actos da Escola de Idiomas ateigado

  
Máis de cen persoas asistiron á palestra sobre a revolta de marzo de 1918 en Trasancos que A COMISIÓN REVOLTA POPULAR organizou o día 12 ás 20 horas. O público seguiu con atención e interese as intervencións de Xoán Costa, presidente de SERMOS GALIZA, editora do caderno que sobre os conflitos sociais máis senlleiros da Galiza no primeiro terzo do século XX, vén de aparecer. Ocupa, entre eles, un lugar destacado a revolta popular pola carestía da vida de marzo de 1918 en terras de TRasancos, con epicentro en Ferrol, Neda e Narón, pero que abrangueu toda a comarca. 



Tratouse dunha verdadeira revolta popular, cunha vangarda feminina como principal motor, dunha entidade e capacidade movilizadora únicas en toda a península, tal e como explicou Francisco Rodríguez e Eliseo Fernández, co-autores do volume colectivo indicado. 


UN mínimo sete persoas mortas, e ducias e ducias de feridos e feridas , entre eles moitas mulleres e algúns nenos, por disparos da policía gobernativa e da garda civil, non acovardou ao pobo na súa demanda dunha vida digna, ao berro de "TEMOS FAME!". Un acto máis dos moitos que xa leva organizado a Comisión e que tantos frutos está a dar no rescate da memoria colectiva sobre feitos tan relevantes. até agora agochados ou ignorados.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário