image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Á costa ártabra cunha luz primaveral

Vinta  e cinco persoas participaron na andaina que Medulio organizou o día 2 de abril entre Vilar e Ponzos, sete quilómetros de percorrido pola costa dos concellos de Narón e Ferrol. 
 
Unha luz diáfana ,mais lene, acompañou a visión dunha paisaxe costeira ben conservada, malia tanto descoido e mal trato. A andaina soubo a pouco aos participantes, que acabaron contemplando de perto a praia de Ponzos, coas súas características especiais, informados da existencia dunha explotación de ouro e o seu lavado, nunha infraestrutura ao seu carón. E despois, a illa de Santa Comba e o seu santuario....
 
Ás 13.30 chegou a Correos o autobús que saído de alí mesmo ás 10.30.  Tres horas de tranquilidade, exercicio moderado e contemplación dunha paraxe que sempre sorprende polos seus matices e novos achados.
 










Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário