Dentro dunha xeira de actos dedicados a Pondal, o día 22 de marzo desenvolveuse a palestra de Pilar García Negro, profesora da Universidade da Coruña, sobre a letra do himno, da autoría de Pondal, as modificacións erráticas sufridas, e a necesaria restauración.
A información fornecida foi seguida con interese e sorpresa polos asistentes, unhas oitenta persoas, que se asombraron dos argumentos empregados por institucións como a RAG ou o Consello da Cultura galega para desaconsellar as restauracións do orixinal, que se propuñan nunha iniciativa parlamentar do BNG.
Acompañamos a letra do himno cos erros e a letra orixinal, e subliñamos a necesidade de cantalo enteiro, tal e como foi establecido legalmente, sendo, moitas veces, as institucións as primeiras interesadas en violala. Ao final da palestra, o gaiteiro Raul Galego García executou, con mestría, a música do himno acompañado polo canto dos e das asistentes postos en pé.
0 comentários:
Postar um comentário