image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Un público gozante


Celebrouse a palestra sobre Galiza e Valle Inclán, o día 18 de abril, ás 19.30, na Escola de idiomas, como estaba programado. Interviron Juan Antonio Ponte Far, crítico literario; Francisco Rodríguez, estudoso dos clásicos da literatura galega, e Quico Cadaval, actor e director teatral, que foi o responsábel de La cabeza del dragón de Valle, traducida ao galego, estar a ser representada polo país adiante.

Houbo coincidencia en que literatura galega era aquela que se expresaba en galego. A partir de aquí, a coincidencia só consistiu en Valle Inclán ser un valioso escritor, e o único da xeración do 98 española que non se caracterizou polo seu españolismo militante. Paradoxalmente, non sendo nacionalista galego, era rabiosamente crítico coa ideoloxía españolista dominante. Debateuse sobre se ten sentido ou non traducir as obras de Valle Inclán ao galego, se é prioritario traducilas e representalas, cando a maior parte do teatro galego non se representa, e mesmo se analizou a forma de interpretar Valle a realidade do país, nas súas obras de temática galega, nada alleas a unha perspectiva desde fóra, propias dunha concepción que se fundamente en Galiza non ter futuro e ser un país  deforme.


En todo caso, o público asistente, que enchía o salón de actos, puido valorar, e matizar, o que os intervintes foron debullando e tirar as súas propias conclusións, alén de rir e disfrutar coas bufonadas valleinclanescas ás que a pericia teatral de Quico Cadaval recorreu.

Vídeos:


Fotos e vídeos: Miguel Anjo

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário