image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Centenario da morte de Eduardo Pondal


 
GALIZA CULTURA, plataforma da que forma parte MEDULIO, convoca para o día 7 de marzo ás cinco da tarde, no cemiterio de San Amaro (A Coruña), unha homenaxe a Eduardo Pondal, co gallo do centenario da súa morte, acontecida o oito de marzo de 1917. Intervirá  unha representación da entidade organizadora, o presidente da Fundación que leva o nome do poeta, e o alcalde de Carballo. Os asistentes entoarán finalmente o Himno Galego, cuxa letra é obra do poeta homenaxeado. Con tal motivo, MEDULIO organiza unha excursión a Coruña, que sairá ás catro da tarde do cuartel Sánchez Aguilera. Os interesados poden apuntarse até o día 6 chamando ao tfno. de contacto da Sociedade que figura nesta páxina web.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário