image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Documentada palestra sobre Eduardo Pondal

 
As e os asistentes á palestra de Manuel Ferreiro sobre Eduardo Pondal seguiron co atención e interese a intervención do catedrático da Universidade da Coruña. Tiveron unha información contrastada sobre a vida e a personalidade dun poeta, de sentimento fondamente nacional galego e mesmo nacionalista, pois matinaba, idealmente, na liberación do pobo galego na mesma orientación que Irlanda, Cataluña ou Polonia.
No coloquio debateuse sobre a acusación de ser Pondal un poeta machista, quedando claro que, neste aspecto, era só reflexo do que era a ideoloxía dominante. Porén, subliñouse que non se poden tomar por opinións e actitudes de Pondal as que, ás veces, expresan algúns suxeitos líricos dos seus poemas, ´como mostra dunha heterosexualidade estereotipada dominante. Aludiuse á timidez do escritor como persoa e á reserva que exercía sobre a súa intimidade de célibe que sentía desamparo afectivo, sobre todo na vellez.

Fíxose a proposta de realizar o día 7 de marzo, xunto con outras asociacións e entidades culturais nacionalistas, unha homenaxe ás 18 horas perante a tumba de Pondal no cemiterio de San Amaro na Coruña, para conmemorar os cen anos do seu pasamento que se compren o día 8 dese mes, Día da muller. Os interesados en asistir poden apuntarse chamando ao teléfono da Sociedade Cultural Medulio que figura nesta páxina web.


Fotos e vídeo: Miguel Anxo.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário