image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

A represión do Estado español na comarca: outro marzo sangrento en 1918

O martes, día 14, ás 19.30 horas, no antigo Hospicio, MEDULIO organiza unha palestra sobre a represións desatada contra as clases populares da comarca, con asasinatos de mulleres, homes e nenos, ducias de feridos e detidos, en especial mulleres, por protestaren contra a carestía da vida e o imposto de consumos a comezos de marzo, con epicentro entre os días 9 e 13, de 1918.

Este acto, como outros organizados en Sedes - Narón, teñen como obxectivo recuperar a nosa memoria histórica e preparar, co gallo de se cumprir o centenario de aqueles sucesos o próximo ano, unha adecuada homenaxe aos nosos antepasados, moi en particular ás mulleres, que loitaron, contra todo medo e represión, por termos unha vida digna. Intervirán Anxel Rial e Francisco Rodríguez

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário