image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Eduardo Pondal, inspiración para hoxe

A Sociedade Cultural Medulio, como membro de Galiza Cultura, participou na homenaxe a Pondal co gallo dos 100 anos do seu pasamento. O acto, ao que asistiron algo máis de cen persoas, desenvolveuse no cemiterio de San Amaro da Coruña, ás 17 horas o día 7 de marzo. As palabras dos oradores, María Xosé Bravo, en nome de Galiza Cultura, Manuel Ferreiro, o estudoso máis cabal da obra pondaliana,  Xosé María Varela, presidente da Fundación que leva o seu nome, e Evencio Ferrero, alcalde de Carballo, subliñaron o espírito patriótico galego, a súa radicalidade nacional, a orixinalidade expresiva da súa poesía. 
 
Ao final os asistentes entoaron, acompañados de gaita e tambor, o himno galego, letra do poeta homenaxeado.
MEDULIO está a preparar un espectáculo musical baseado en vinte poemas do bardo, que esperamos estrear a fins de maio ou primeiros de xuño.






Vídeo:


Fotos e vídeo: Miguel Anjo

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário