O día 8 de marzo, sábado, tivo lugar a excursión ao Belelle, adiada por mal tempo. Agora cun tempo primaveral, 35 persoas, desprazadas en autobús desde Correos até o Colexio Público ao pé do río, realizaron unha camiñata de máis de dúas horas pola beira deste até a Fervenza, e desde esta subiron ao monte Marraxón, onde foron recollidas de novo polo autobús.
Neste período de tempo, entre 15.30 e 18.30, contempláronse muiños, pazo, flora e orografía do val do río, con explicacións en especial botánicas por conta de Manuel Cortizas, en concreto sobre os distintos tipos de loureiro, as anémonas, as primaveiras, os alvedros e fentos mioi especiais e endémicos. A contemplación da Fervenza, polo espectacular caudal de auga, desde distintas perspectivas e lugares, mereceu a atención de todos e todas as excursionistas, que ficaron con moita satisfacción pola tarde de pracer, fermosura e comunicación pasada.
0 comentários:
Postar um comentário