50 persoas participaron na excursión, en tren e a pé, ao castelo de Moeche, o sábado día 26. Durou algo máis de seis horas, cun tempo outonal moi axeitado: a luz facía respladecer os contrastes do campo, a fermosura do val e o contento animou os participantes de todas as idades. Tamén recibiron unha explicación demorada sobre o castelo por parte da guía do mesmo e unha análises sobre a guerra entre Pedro I e Enrique de Trastámara, o papel de Galiza e desta zona nela, e as consecuencias da entronización dos falsos trastamaristas para Galiza, por parte de Francisco Rodríguez. A familia galega dirixente dos Castro, en especial Fernando de Castro, principal bastión lexitmista, favorábel a Pedro I, ocupou boa parte da explicación, por representar unha alternativa atlántica, de alianza con Portugal e con moito apoio popular na Galiza.
CONVERSATION
Assinar:
Postar comentários
(
Atom
)
0 comentários:
Postar um comentário