image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Amena disertación sobre o concepto da saudade


Tivo lugar a presentación na Escola de Idiomas o día 25 ás 20 horas do libro "O labirinto da saudade" polo seu autor, Luis G. Souto, profesor de Ética na Faculdade de Filosofía da Universidade de Santiago. O texto foi premio Carvalho Calero de ensaio.O autor realizou unha sinxela e amena exposición sobre o concepto de saudade en diversos escritores e pensadores portugueses e galegos, con especial incidencia en Pondal, Rosalía, Ramón Piñeiro, Carvalho Calero, Teixeira de Pascoâes e Carolina Michaëlis de Vasconcelos. Tamén a través doutras referencias culturais, en concreto cadros do Museu Nacional de Soares dos Reis, Porto.


Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário