image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Un público admirado e entregado no concerto da banda e coro de SOLFA


Co Torrente Ballester cheo e cun silencio admirativo, acompañado de entusiastas aplausos e manifestacións de xúbilo por parte do público asistente, desenvolveuse o día 25 pola tarde, entre as 19  e as 20.30 horas a actuación da banda, formada por rapaces e rapazas entre 11 e 18 anos, e o coro de mulleres e homes maduros, que conforman o grupo SOLFA de Santiago. 


O repertorio previsto foi executado con entusiasmo e mestría técnica e, no caso do coro, un dos poucos que na Galiza canta exclusivamente en galego e portugués, cunha claridade dos textos rechamante. Foi comentario xeralizado que, nun país normal, un grupo como SOLFA sería apoiado desde as institucións e gozaría de fama ben merecida. 


Resulta alentador o empeño que, desde a base, este grupo de máis de cincuenta persoas, de distintas idades, xéneros e profesións, está a pór en desenvolver, con conciencia nacional e artística, a música e o canto entre a mocidade e os adultos. A Sociedade Cultural Medulio parabeniza SOLFA e anuncia xa que esperamos contar de novo con eles para o próximo ano.

Share this:

CONVERSATION

1 comentários:

  1. Sentímonos moi arroupados, público amigo e entregado. Cando se comparte o mesmo proxecto e ilusión e gañas de que este País poida vivir con normalidade coa súa música, o seu idioma... os seus cantos poderán servir como lazos de unión entre as distintas asociacións. Por iso, esperámosvos para o día 28 de xuño, dentro da programación da nosa semana cultural, ao voso grupo de teatro “Medulio” coa obra “O Mundo segundo Rosalía”. Grazas por todo.
    Presidenta da Asociación Cultural Musical Solfa
    Lucía Carreira

    ResponderExcluir