25 Maio, sábado, ás 19.00h. Concerto coro e banda de música de Solfa en Ferrol, no Centro Torrente Ballester, na rúa de Concepción Arenal.
A Asociación Cultural-Musical Solfa fundouse no ano 97 e, desde esa data, centrou o seu traballo na formación musical da xuventude e no goce da música. Como froito do traballo destes anos, naceron a Banda de Música de Solfa, composta por 30 instrumentistas, e unha Agrupación Coral formada por 25 persoas.
Solfa promoveu e impulsou diversos concertos, intercambios culturais con outras agrupacións, bandas e corais. Entre os seus proxectos máis innovadores e integradores, cabe destacar A Nosa Clave (concertos conxuntos da Banda Filharmónica de Galiza e sete corais compostelás) e Musigalizando (campamentos musicais para rapaces e rapazas de diferentes bandas do país).
O repertorio coral está constituído por obras de diferentes estilos e temas: clásicos, portugueses, brasileiros… e sempre cun lugar destacado para os temas populares galegos e para as composicións sobre textos de poetas galegos. Estreou Solfa varias obras de compositores vinculados ao coro: Xosé Carlos Seráns (director-fundador) e Francisco Tobar, actual director.
Solfa forma parte do tecido cultural do país coa clara conciencia de saber que existimos porque temos cultura propia e a esa cultura debe Solfa a razón da súa existencia: a nosa música, a nosa literatura, a nosa lingua… en definitiva, Galiza.
Programa
Banda de Música de Solfa
Director: Fernando Rey Mayo.
- Compostela, de Bernardo del Río.
- Suit galaica, de Antón Alcalde Rodríguez.
- A Misión, de Morricone
- Negra Sombra, de Xoán Montes
Coral de Solfa
Director: Francisco Tobar Cereijo
- A Rosalía, Manuel Curros Enríquez. Música de José Alfredo Oliveira
- Negra Sombra, Rosalía de Castro. Música: Joán Montes
- Monte Viso. Música e letra: Carlos Rodríguez. Arr.: Francisco Tobar Cereijo
- Cantiga, Manuel curros Enríquez. Música, José Castro “Chané”. Arr.: M. Ángel Viro.
- O Carro, Manuel María. Música de Xosé Luís Rivas
- Bandinha, Popular. Arranxos de Ralfy Mendes
- Cançao Alentexana, Popular. Música M. Faria
- Gato na tuba, João de Barro e Alberto Ribeiro. Arr.: Carlos Rosa
- Ó rama, Popular do Alentejo. Harmo: Adelino Martíns.
0 comentários:
Postar um comentário