Para ler correctamente e gostar dun libro que é todo un alegato a favor do pobo galego, como quedou de manifesto na presentación do novo ensaio sobre esta obra rosaliana, no que participou a autora, acompañada polo profesor e vicepresidente de Medulio, Manuel Rei Romeu, na Escola de Idiomas de Ferrol, o día 30 de abril, ás 20 horas, nun acto organizado por Medulio.
Cantares Gallegos hoxe é o título deste novo ensaio de Pilar García Negro, moi adecuado para incitar á lectura do libro fundacional da literatura galega, como tamén quedou de manifesto nas explicacións que ela foi facendo dos poemas que o grupo de teatro da Sociedade Cultural ía escenificando. Ao remate, moitos asistentes mercaron exemplares do libro de Pilar García Negro e requeriron dela a súa adicatoria.
0 comentários:
Postar um comentário