O vindeiro 22 de Nadal, sábado, organizamos unha visita guiada á Igrexa de San Xiao de Ferrol, para coñecermos o contexto histórico e social en que foi construída, as súas características e o seu valor.
Contaremos coa especialista en historia ferrolá do século XVIII e mellor estudosa da hoxe concatedral, Margarita Sánchez Yáñez.
Lugar e hora de encontro: Praza de Ferrol Vello, ás 5 da tarde.
Os interesados en participar deben apuntarse chamando ao teléfono 651 130 009 ou dirixíndose ao correo electrónico cultura.medulio.ferrol@gmail.com
0 comentários:
Postar um comentário