image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Coñece o teu país, Galiza: crónica da visita á Igrexa de San Xiao

Como estaba anunciado, tivo lugar o roteiro desde a Praza de Ferrol Vello até a Igrexa de San Xiao o 22 de Nadal ás 17 horas. A finalidade era coñecer o contexto histórico e social no que xurdiu a cidade do século XVIII e, en concreto, por que se levantou a actual concatedral e cais son as súas características máis senlleiras. 
 
 
Margarita Sánchez Yáñez, especialista na materia,  foi debullando durante case dúas horas, perante o que se ía visualizando, a historia da zona desde o Reino Suevo, o primeiro cristiá de Europa, até o momento en que Ferrol se converte nunha populosa cidade, a máis importante de Galiza, co gallo da construción do arsenal, pasando pola etapa medieval do Reino de Galiza e as sucesivas dependencias dos Traba, os Andrade e os Lemos, grandes familias nobiliarias galegas. 
 
Especial atención mereceu a descrición arquitectónica, a singularidade e o valor artístico de San Xiao, de estilo neoclásico, comezando a información xa na Praza de Ferrol Vello onde estivera situada a primitiva igrexa parroquial de tipo románico, destruída precisamente por causa das obras do arsenal.


No roteiro participaron cincuenta persoas, de distinta idade, que seguiron con suma atención e interese todas as explicacións. A Presidenta de Medulio, Elia Rico agradeceu ao final á relatora a súa didáctica exposición e ao público a súa asistencia. Este subliñou cun sonoro aplauso o seu agrado por ter participar neste roteiro, xa que foi consciente de canto descoñecemos sobre nós mesmos.



A galería de imaxes completa pode verse nesta ligazón

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário