image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Próximas actividades programadas

Para iniciar o curso 2012-2013 están programadas as seguintes actividades:


Día 16, de novembro, venres, ás 20 horas, no local de Medulio, na Porta Nova

Asemblea para a elección da nova directiva, alén de informar e debater sobre a nosa programación para o ano vindeiro. Nesta programación figuran propostas a desenvolver contando contando coa colaboración dos membros da sociedade e persoas interesadas, como novos proxectos para o Grupo de Teatro da Sociedade, un maior impulso ao noso Coro, posíbel curso de iniciación á pintura para adultos, e recuperación con outro formato, de excursións, andainas e roteiros para coñecer o patrimonio histórico-artístico e natural da comarca e do país. Asemade continuaremos coas nosas palestras, cursos e presentacións de libros, dos que daremos conta coa debida antelación por diversos medios, ademais deste blogue.

Día 20 de novembro, martes, ás 20 horas, na Escola de Idiomas de Ferrol


Presentación polo seu autor, Camilo Nogueira, do libro Para unha crítica do españolismo, con posterior debate. Alén de asinar libros o autor, os asistentes serán agasallados cunha publicación da Sociedade Cultural Medulio sobre o patrimonio histórico-artístico e natural de Ferrol e a comarca.

Día 4 de Nadal, martes, ás 20 horas, Escola de Idiomas de Ferrol

Celebración dunha palestra con participación de representantes de distintas organizacións sindicais e políticas nacionalistas sobre o tema: “Crise do réxime e necesidade de mudanza constitucional”. Este debate ten como obxectivo coñecer as posicións nacionalistas sobre a crise de lexitimidade do actual réxime político e cais son as súas propostas para unha mudanza que beneficie o pobo galego, e en particular por que non vale a actual Constitución e por marco legal debe ser substituída. 

Outras actividades


O Grupo de Teatro da Sociedade Cultural continúa coa representación do espectáculo “O mundo, segundo Rosalía”, unha escenificación de poemas rosalianos. Actuará, proximamente, en Neda, Ares e A Estrada. Por outra parte, comezou os ensaios de “Cabaret Ferreiro”, espectáculo baseado en poemas de Celso Emilio Ferreiro, que se estreará antes de fin de ano, como mostra da vixencia da poesía do poeta de Celanova.

As excursións e andainas comezarán no mes de xaneiro, cunha viaxe en tren a Pontedeume, percorrido pola vila, e andaina até Breamo, para coñecer e gostar do seu patrimonio artístico e da súa importancia histórica.


Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário