image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Programa de actividades para reivindicar a figura e a obra de Benito Vicetto co gallo dos 200 anos do seu nacemento, a cargo da Sociedade Cultural Medulio e da Asociación Ferrolterra Antiga.

A) Relatorios: A concepción historiográfica de Vicetto: análise da súa Historia de Galicia 1º Mesa Redonda, A súa visión da Historia Antiga e Media de Galiza, por conta de Antonio Casal Velázquez, Alexandre Peres e Francisco Rodríguez. Día 5 de marzo, terza feira, martes, ás 19.30. Antigo Hospicio. 2ª Mesa Redonda, A súa visión da Historia Moderna e Contemporánea, por conta de Manuela Santalla e Rubén Labisbal Pérez. Día 12 de marzo, terza feira, ás 19.30. Antigo Hospicio. Vicetto, como xornalista e activista social e político 1ª Mesa redonda, A biografía de Vicetto no seu contexto histórico-social, por conta de Esperanza Piñeiro, Xosé Fandiño e Juan Renales. Día 9 de abril, martes, terza feira, ás 19. 30. Antigo Hospicio. 2ª Mesa redonda, A súa actividade como xornalista e activista social, por conta de Xermán Castro e Guillermo Llorca. Día 23 de abril, martes, terza feira, ás 19.30. Antigo Hospicio. Vicetto, poeta, novelista e autor teatral Vicetto, creador literario, por conta de Pilar García Negro, Elia Rico Lagarón, Xosé Ramón Freixeiro Mato e Manuel Rei. Día 7 de maio, martes, terza feira, martes, ás 19.30. Antigo Hospicio. . B) Intervención social e institucional: Presentación dunha moción ao pleno do concello, cun punto xeral e tres propostas concretas: - Que o Concello se manifeste publicamente lembrando e reivindicando a importancia da figura e da obra de Benito Vicetto, declarándoo fillo predilecto da cidade, pola súa importante contribución na recuperación da memoria histórica da nación galega, como autor da que se pode considerar primeira Historia de Galiza, que, ademais, foi editada en Ferrol, e polo seu esforzo en múltiples tarefas, a comezar polo xornalismo, para dotar o pobo galego de conciencia de seu. Nesta orientación, solicitar do concello: 1.-A restauración do busto de Vicetto instalado no denominado Parque Raíña Sofía. 2.-A colocación dunha nova placa, en substitución da actual, na Rúa Benito Vicetto, en Ferrol Vello, que, ademais de se adaptar á legalidade vixente, vaia acompañada dunha pequena información sobre a súa persoa e obra. 3.-A revisión do estado da súa tumba no cemiterio de Catabois e a realización dunha ofrenda floral, coincidindo coa data do seu nacemento, ben na rúa que leva o seu nome, ben no Parque ou no cemiterio. 4.- A colaboración coas entidades que realicen actos de lembranza e rehabilitación da figura e obra de Benito Vicetto, favorecendo o seu impacto social. C) O patrimonio histórico-artístico da comarca na obra historiográfica de Vicetto: durante o mes de xuño, e como colofón do programa de actividades, realizaranse tres excursións para visitar patrimonio histórico-artístico da comarca que apareza sinalado con relevancia na obra historiográfica de Vicetto, tendo como núcleo, a primeira, Ferrol; a segunda, Pontedeume; e a terceira, Cedeira/Ortigueira. Procurarase que, de todas as actividades, fique memoria escrita, visual e/ou auditiva, e, en especial, reflexo en prensa diaria e publicacións especializadas interesadas no tema.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário