image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

O valor da obra poética de Rosalía e as súas potencialidades musicais: un estourido de arte e emoción

Sen dúbida algunha, após anos de celebrarmos o Día de Rosalía, podemos afirmar que é o acto da Sociedade Cultural Medulio o que está máis centrado en espallar a obra poética de Rosalía e subliñar o seu valor superior ante todo tipo de públicos. A esta altura son máis de trinta os poemas musicados que foron estreados no noso evento anual. Podemos dicir que hai todo un repertorio musical meduliano dedicado a Rosalía, que toma a súa poesía como base, sen adulteracións de ningún tipo. Esta ano o repertorio aumentou con novas colaboracións ás que viñan sendo tradicionais. Á sempre garantida do noso colaborador entusiasta, excelente cantor e músico, Xoán Padín, veu engadirse as de dous dúos formados por mulleres, mociñas entre 15 e 20 anos. Un deles, constituído por Inés Santalla (voz) e Inés Pérez (violoncelo), alumnas do Instituto Sofía Casanova de Ferrol, asombraron os espectadores cantando, ao seu estilo, "Daquelas que cantan as pombas..." e "No ceo, azul clarísimo...", de Follas Novas, e "Alborada", de Cantares Gallegos. A mesma impresión de asombro provocaron Enma López Laudenbach (piano e guitarra) e Nélida Santiago Sánchez (voz), as compoñentes do outro dúo, coa súa adaptación de catro poemas de Follas Novas, "A xusticia pola man", "Tal como as nubes...", "Brancas virxes de cándidos rostros..." e "Meses do inverno fríos". Finalmente, Xoán Padín (voz e guitarra), acompañado de Víctor Sánchez (clarinete), desenvolveu o repertorio meduliano, máis de sete poemas de Follas Novas, desde "Por Dios piadoso?" até Vamos bebendo", sen que faltasen, con voz de Luisa Sánhez, "Cabe das froles a nena...", e acompañado por Nélida Santiago (voz), "Soia". A introdución do espectáculo correu a cargo de Elia Rico Lagarón, Óscar Díaz Montero e Luisa Sánchez Meizoso, que recitaron cinco poemas de Rosalía, tamén de Follas Novas. O numeroso público asistente na Capela do Torrente Ballester aplausou con entusiasmo todas as actuacións, como consecuencia da sensación de estourido de arte, emoción e pensamento en que se viu inmerso.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário