A Sociedade Cultural Medulio celebrou o día 14 de setembro a palestra sobre os restos achados en San Francisco, contando coa Asociación Ferrolterra Antiga, o arqueólogo Emilio Ramil e o historiador Alexandre Peres. Todos eles coincidiron na importancia dos restos arqueolóxicos achados, na improcedencia do recirso a soterralos novamente para cementar a rúa e o esquecemento do seu valor e da súa importancia como memoria histórica sobre as orixes da cidade. Após un animado debate, tomouse a decisión de manifestar por escrito á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta o rexeitamento das persoas asistentes. Tamén decidiuse pedir que se reconsidere a decisión tomada, executando un proxecto de escavaxión integral, que poña á vista o que, posibelmente, é a antiga muralla medieval de Ferrol, para a súa posta en valor.
CONVERSATION
Assinar:
Postar comentários
(
Atom
)
0 comentários:
Postar um comentário