image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Defender o patrimonio histórico do paíos e a cidade e mobilizarse!

Por iniciativa da Sociedade Cultural Medulio, sobre cen persoas hoxe, luns, día 18 de setembro, ás 12 da mañá entregaron no rexistro da delegación da Xunta de Galiza en Ferrol un escrito, asinado individualmente, no que se denuncia a forma de proceder do Goberno Municiapl, en conivencia coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta respecto dos achados arqueolóxicos da rúa San Francisco. Asemade se pide a execución dun proxecto de escavación integral que poña ao descuberto o que, segundo moitos indicios,son os restos da muralla medieval da cidade, para integralos no espazo urbano e constituír unha fonte de coñecemento e de memoria históriac das orixes de Ferrol, como vila de importancia xa na Idade media. A seguir o texto do documento entregado: Sra. Directora Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia A/O que subscribe diríxese a vosté para lle expresar un rexeito e unha petición. Como seguramente coñece, co gallo das obras de urbanización da rúa San Francisco, no barrio de Ferrol Vello, apareceron restos arqueolóxicos dignos de consideración, pois hai indicios de que se pode tratar das murallas medievais do burgo ao que Afonso VIII (IX), rei de Galicia, concedeu foro de tal. Por este motivo, a obra estivo paralizada, nese tramo, durante meses, pois o goberno municipal de entón consideraba, á luz dos informes que tiña á súa disposición, que poderían ser relevantes respecto das orixes da cidade. O novo goberno municipal, dunha forma súbita, dun día para outro, contando ao que parece co visto e prace desa Dirección Xeral, soterrou os achados co obxectivo de continuar obrando no tramo devandito, co pretexto da urxencia en rematar a urbanización. Desexo, pois, expresarlle o meu rexeito a esta forma de proceder coa finalidade de que, dentro do exercicio das competencias desa Dirección Xeral, interveña ante o Goberno municipal de Ferrol coa fin de que rectifique a súa posición respecto deses achados arqueolóxicos. Asemade fágolle a petición de que esa Dirección Xeral colabore co concello de Ferrol a que se execute un proxecto de escavación que os poña ao descuberto de forma íntegra, para estudalos e datalos con rigor e integralos, conforme ao seu valor, no seu espazo urbano, revalorizándoo así coa memoria dun pasado histórico tan descoñecido. Nos próximos días seguirá rexistrándose, de forma individual, este documento nas devanditas dependencias.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário