image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

MEDULIO Denuncia: Os Achados Da Muralla E Acceso Ao Porto Medievais: Enterrar O Pasado E Desprezar O Patrimonio (2)

A SOCIEDADE CULTURAL MEDULIO CON NIF15037690 E na súa representación a Presidenta da ENTIDADE: Elia Rico Lagarón con NIF: 33802290H, Telef: 651130009. Enderezo: R/ Navegantes,20,22,1ºA. 15401 Ferrol ( Coruña) Correo electrónico: eliaricilagaron@gmail.com T.651130009 A Sociedade Cultural Medulio manifesta a súa oposición a alternativa que se vai aplicar polo goberno municipal, en connivencia coa Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia, en relación cos achados arqueolóxicos aparecidos por mor das obras na rúa San Francisco: 1.- É unha contradición que se fale de conservar, manter e pór en valor os restos achados da muralla medieval e do acceso portuario da época, cando se opta pola súa cubrición con áridos de grao fino e logo por cementalos mantendo por enriba deles o tráfico rodado. 2.- A conciencia de que se está actuar co único fin de eliminar todo o que se opoña a unha concepción da supremacía absoluta do tráfico rodado sobre calquera outra consideración patrimonial ou urbanística maniféstase na facilidade con que se desbotou modificar lixeiramente o proxecto para desprazar uns poucos metros o acceso de entrada á rúa, conservando á vista os restos medievais e conformando un espazo con maior valor patrimonial e histórico, e mesmo unha maior orixinalidade urbanística de Ferrol vello, vinculando a cidade a un pasado moi anterior ao século XVIII. Non parece de recibo que se fale, polo demais, de que no futuro se desfaga o feito para desmontar os restos e pólos nun museo, cando se podería actuar hoxe compaxinando as necesidades do tráfico rodado co respecto polo patrimonio, a historia e o seu coñecemento e posta en valor. 3.-Neste sentido, instamos ao Goberno municipal a que rectifique a súa decisión. De non facelo, a que, cando menos, na elaboración dos paneis informativos non se faga só unha información sobre os elementos e orixe dos restos, senón unha contextualización histórica que asuma a verdade histórica de que Ferrol foi recoñecido xa como núcleo urbano por foro do rei de Galiza, Afonso VIII, a comezos do século XIII, como outras moitas vilas costeiras (A Coruña, Viveiro ou Baiona), todas elas dotadas de murallas. Asemade consideramos que é o momento oportuno para ubicar algún elemento icónico ou escultura que vincule Ferrol ao rei de Galiza Afonso VIII, lembrando tamén desta maneira ao historiador ferrolán, hoxe tan inxustamente esquecido e tratado, Benito Vicetto, nado en Ferrol Vello.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário