image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

MEDULIO denuncia: Os achados da muralla e acceso ao porto medievais: enterrar o pasado e desprezar o patrimonio (1)

 A SOCIEDADE CULTURAL MEDULIO con NIF:15037690, razón social en Mendez Núñez, 11,1º,15401 Ferrol

Expón que:

Ante a noticia de que o goberno municipal se dispón a cubrir de cemento os
restos da muralla medieval atopados no primeiro tramo da rúa San Francisco, con
motivo das obras en curso para a súa renovación, a Sociedade Cultural Medulio quere
expresar a súa preocupación e oposición a esta decisión por:

1º Representar un atentado contra uns restos arqueolóxicos que dan conta da
existencia de Ferrol como vila medieval e fundación real debida a Alfonso VIII rei de
Galiza.

2º Prescindir dunha alternativa viábel e asumíbel como facer compatíbel o
acceso de tráfico rodado pola devandita rúa e a visión e protección dos restos da
muralla descubertos con só pequenas modificación do proxecto que afectaría a só
unha pequena parte do tramo inicial. Facelo, ademais, sen contar aínda con preceptivo
informe de patrimonio da Xunta de Galiza. Mostrando así unha obsesión por favorecer
o tráfico rodado a todo custe e danando ao mesmo tempo a memoria histórica e
ocultando testemuñas de avoengo dunha cidade existente moito antes do século XVIII.

3º Desaproveitar, con incuria polo que fomos e debemos coñecer, a ocasión
deste achado para recobrar a memoria do noso pasado como vila medieval colocando
algún elemento escultórico e icónico estruturados do espazo urbanístico nesa
encrucillada de Ferrol Vello en homenaxe ao rei que outorgou á nosa cidade foro real.
Tal como nos lembra o historiador ferrolán Benito Viceto.

Polo dito, facemos un chamamento ao goberno municipal para que reconsidere
a súa posición e coa maior urxencia deseñe unha alternativa que faga compatíbel o
respecto pola memoria e os valores históricos da cidade coas necesidades da
regulación do tráfico rodado e da seguridade e mobilidade peonil conforme aos 
principios do denominado desenvolvemento urbano sostible.

Ferrol 30 de agosto de 2023


Asdo: Elia Rico Lagarón

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário