image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

Presentación de Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza, T. II

O día 17 de novembro tivo lugar a presentación do segundo tomos do libro de Francisco Rodríguez sobre historia medieval de Galiza, cuxo tomo II está centrado na segunda metade do século XIV, un momento crucial para o noso país. Nel se analiza, de forma pormenorizada, o papel da clase dirixente galega, e do pobo galego, nas circunstancias críticas da confrontación peninsular que se desenvolveu entre os petristas e os trastamaristas, na que Galiza foi o bastión do rei Pedro I, por alimentar a estratexia de alianza e reunificación con Portugal, convivencia con mouros e xudeus, alianza da nobreza galega cos burgueses, co impulso do comercio atlántico. O autor foi presentado por Elia Rico, presidenta de Medulio, e Alexandre Peres Vigo, profesor da Universidade da Coruña fixo unha análise dos elementos esenciais que vertebran un libro que considerou rupturista, rebelde e fito no medievalismo galego. Deu pé tamén coas súas preguntas a que o autor enfiase a súa intervencón coas súas respostas, animando ao público logo a intervir con interese sobre distintos aspectos relativos ao tema e á estado do medievalismo galego. O público asistente encheu o salón do Antigo Hospicio.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário