image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

29 de outubro: unha xornada proveitosa

Cun día suave, soleado e luminoso, fixemos viaxe en tren até Viveiro e visita ao patrimonio histórico-artístico máis importante da vila. Resultou unha xornada proveitosa e agradábel, comprobando unha vez máis as interesantes pegadas dunha historia galega que nos revela un país con enerxía, decisión e esforzo por abrirse paso. Paco e Xulia, amigos de hai moitos anos, foron as nosas guías, a quen agradecemos a súa compañía, información e orientación para coñecer ben a importante vila da Mariña.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário