image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

UNHA NOVA CELEBRACIÓN ROSALIANA

Máis unha vez Medulio celebrou o Día de Rosalía, o día 23 de febreiro, data do nacemento da escritora, recorrendo ao espallamento da obra rosaliana, obxectivo fundamental para poder ser valorada debidamente pola sociedade, e non converterse nunha moda banal. Contamos cunha equipa extraordinaria para facelo. Dous instrumentistas: Nélida Santiago (violino) e Alberte Maceiras (saxo, percusión e zanfona), un cantor (Xoán Padín) e unha actriz (Luisa Sánchez). Grazas a eles e a elas, resoaron, evidenciando a súa potencialidade artística e o seu sentido, poemas como Daquelas que cantan as pombas e as frores..., Soia, No ceo, azul clarísimo..., Pobre Galicia, non debes..., Teño un mal que non ten cura..., Xan, A bandolinata, Terra a Nosa...O público asistente premiou con moitos aplausos e entusiasmo o espectáculo, no que reloceu o espírito rosaliano e a súa vixencia.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário