image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

UNHA ETAPA ESTELAR E CONFLITIVA DE GALIZA (SEGUNDA METADE DO SECULO XIV)

Presentouse o Tomo I do libro Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (segunda metade do século XIV, de Francisco Rodríguez, o día 14 de febreiro na capela do Torrente Ballester. O autor estivo acompañado na mesa por Elia Rico, presidenta de Medulio, Ana Pérez Rico, vicepresidenta da AS-PG, Delia Vázquez, profesora e Xosé Díaz, economista. En principio, gustaría indicar que estamos en presenza dun autor que conta cunha morea de libros, tanto a nivel individual e tamén como participante en libros de autoría colectiva. Así obras sobre o conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza, sobre a situación do idioma galego e os seus problemas, sobre a literatura galega -Curros e Blanco Amor, como exemplos-, e moi especialmente os seus traballos sobre Rosalía de Castro, que por si propios xa deberían darlle a seu autor o prestixio debido nun país normal, libros sobre a problemática nacional e o colonialismo, e moitos máis. Quero dicir, que me parece que mesmo moitos de nós, o coñecemos e identificamos, maioritaria e unicamente, coa moi importante e relevante obra rosaliana, que por si propia sería suficiente. Porén, estamos diante dun autor prolífico, a quen ningunha das materias que afecta a Galiza, ten deixado de formar parte nos seus traballos. E ningunha é quizais algo abusivo, pois faltaba algo: esta importantísima obra sobre a historia medieval de Galiza da que nos ofrece hoxe o seu Tomo I, que como se indica na portada abrangue «A relevancia do Reino Galego Medieval» como reino orixinario peninsular, como reino hexemónico, por tantos aspectos entre os séculos X-XIII, e que significa, digamos, unha especie de preámbulo necesario e imprescindíbel do Tomo II, co que agardo contaremos axiña, e que tratará do momento estelar e conflitivo que Galiza viviu na 2ª metade do século XIV, completando con el unha obra que vai resultar central e basilar para entendérmonos nós mesmos como galegos, para evitar que permanezamos na alienación, cuestión que resulta fundamental para que a idea sobre Galiza como País non mude ren na mentalidade negativa hoxe consolidada nunha parte dos galegos. Así que este Tomo I, un ensaio histórico segundo o autor, unha historia de Galiza teórico-práctica dunha etapa determinada segundo creo, pois xa tiven a fortuna non só do ler, senón de estudar -conceptos algo diferentes-, pois se contemplan todas as dimensións do obxecto de estudo tratadas cientificamente: as políticas, económicas, sociais, patrimoniais, culturais, idiomáticas, inmateriais en xeral, en relación dialéctica, tendo presentes as características definidoras da etapa medie-val, no que a instancia dominante é a relixiosa, non a económica, como acontece no modo de produción capitalista, así como as relacións específicas entre as clases dominantes e dominadas, entre os señores e servos, nas que a explotación aparece á luz, é absolutamente transparente, a diferenza tamén do que acontece no capitalismo, mais tamén polo carácter nunca estático en ningún modo de produ-ción, tampouco no feudal, da conformación entre as forzas produtivas e as rela-cións de produción; e, en fin, como preámbulo preciso do que veremos no desenlace que nos presentará o Tomo II, do que me gardarei. Os seus debates cos cronistas portugueses e españois; o mesmo cos historiadores actuais máis relevantes tanto portugueses como españois, moi influídos, de maneira especial e perversa sobre todo polos segundos, pola súa teima na necesa-ria retroproxección do presente no pasado -dada a consolidación destes dous estados na península-, caendo no pecado do anacronismo, resultan esclarecedores para dármonos luz sobre o que aconteceu nese momento estelar no marco da cha-mada Guerra dos Cen Anos, cuxo desenlace vai provocar, entre outras cuestións, que protonacións, ou monarquías reforzadas e centralizadas se ían instaurar e cais ían sufrir un desenlace deplorábel, mancado, dentro ou non do que hoxe cualificariamos como un estado plurinacional, sexa ou non recoñecido oficial-mente, como aconteceu especialmente co caso castelán-español. Estamos diante, sen apelativos impropios, dunha obra magna, doada de ler, que engancha ao leitor, e que sobre todo nos explica como a estratexia das diferentes clases galegas, orientada a evitar como for a hexemonía castelá e procurar unha alianza con Portugal, retomando a realidade anterior da Grande Galiza do pasado, e que nos desvenda o proceso de apropiación – a negación da mesma Galiza – do noso esplendoroso pasado histórico, por parte do castelanismo, último dos reinos presentes na península, e moito máis adiante, pola historiografía españo-lista, no intento da dupla xustificación dun estado, nación única e cuxa existencia considérase case eterna, ou como pouco, como continuación da etapa visigótica, por suposto negando-desprezando, entón, a existencia do reino suevo. É dicir, a historia medieval de Galiza é contraditoria coa de Castela, e por iso debía ser negada, suplantada, con todo o que ilo significou e significa aínda agora. Desvendar todo isto, poñer isto claramente para todos nós, de maneira científica, definitiva, inapelábel, é o que o autor nos ofrece neste libro -nos dous Tomos-, a todas as galegas e galegos, sexan ou non nacionalistas, primeiro, para que superen a ignorancia sobre a nosa historia, e segundo, porque nos afecta en ordes fundamentais moito máis do que pensamos. Para min isto, é a grande achega que Paco regálanos hoxe a todos, e que quedará, moito logo de que el se vaia, aínda que agardo que dure todo canto el queira, para ben dos galegos. Non fai moito debatiamos aquí sobre ese invento -case único español-, sobre unha cuestión marxinal, respecto do tema que tratamos, do que se desvenda nesta obra: refírome ás balanzas fiscais amañadas ad hoc para que dean como resultado cos galegos vivimos a conta de España negando que vivamos a conta do noso propio traballo, como fan todos os pobos. Deste xeito, sob unha aparencia «técnica», o que realmente estannos a vender de balde é que o nacionalismo é unha estupidez e que hai que o facer desaparecer: pois predicar contra dunha España que nos é vital para a nosa propia existencia resulta unha operación absurda. Desvendar esta falacia é, foi, ben sinxelo e mesmo resulta unha simpleza diante do desvendamento, das des-alienación, sobre o que supón este proceso xa vello de negación da nosa historia, da nosa nación, de aí a oportunidade desta obra. Estou certo que cando a teñades lida, ao que vos invito con entusiasmo, polo voso propio ben -como pasoume a min- e, por iso, hai que lle agradecer ao autor, todo o inxente traballo de moitos anos de estudo, como podedes comprobar sen máis que comezar o libro polo revés, lendo toda a Bibliografía, sobre a que sustenta o necesario proceso crítico da mesma e de todo o traballo de campo realizado tanto na Galiza, Portugal e na España, para chegar a creación desta obra, insisto, doada de ler, científica, e que por iso, debe formar parte necesariamente do noso coñecemento e de maneira especial a xente nova que reciben sobre isto unha información, -desinformación mellor dito-, realmente calamitosa, para así normalizar a súa autoestima como galegos. Sen dúbida ningunha, obra que quedará pois ao servizo de todo o pobo galego, mal que lle pese a algúns lacaios endogámicos, vividores na falsidade eterna que tan bos lucros lles procura.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário