image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

UN ANO NOVO

Nestes derradeiros meses os nosos temores parecen que non eran tan desacertados, xa que, de novo estamos ante un forte brote da Covid-19 máis contaxiosa, sen embargo con menos forza. As autoridades como é lóxico, volveron a por medidas coercitivas. Agora ben o de tomar medidas básicas como fortalecer os sistemas de saúde, os cales, levan anos sufrindo políticas acá na Galiza de desmantelamento, iso nin falar. Porén nosoutras as galegas, debemos cumprir as normas, aínda que, despois loitemos por outro xeito de afrontar este problema e como non, debemos ir pensando como imos afrontar este novo ano que ben Coma sempre faremos as nosas proposicións de fin de ano e comenzo do novo: Estudar inglés, ir a informática, apuntarse ao GYM, adelgazar etcétera cousas que todas nós sempre que vai rematar un ano e comenzar outro nos propoñemos,porén este ano debemos intentar mantene-las no tempo. Máis con isto da Covid-19 e o porque da súa aparición, debe valernos de escusa para adoptar tamén propostas medio ambientais, tan necesarias nos tempos que corren. Deixar o carro máis tempo na garaxe, usar medios de locomoción públicos ou non motorizados, consumir nos mercados e no pequeno comercio do barrio, comprar produtos locais e de proximidade reducir o consumo de carne en xeral mais sobre todo a vermella, substituír o peixe de fora por peixe de costa, volver arranxar roupas e calzados, mercar sempre que se poda en formato a granel ou recheo etcétera, deben ser accións a tomar no noso día a día. Asumindo simplemente isto, o favor que lle faremos ao medio ambiente será moi grande, aínda que todas nós sabemos, que as solucións reais virán da toma de decisións mundiais de máis calado, por parte das altas esferas políticas. Poren cabe sinalar, que nosoutras o pobo, o cal é en definitiva quen fai crecer a economía, xa que, somos a gran masa consumidora, podemos con este tipo de decisións, primeiro obrigar ao poder a mudar as súas políticas no referente a natureza, ademais de diminuír a depredación do medio ambiente e a pegada ecolóxica de cada unha de nós. Xa para rematar que este 2022 os sexa moi ventureiro, cumpride o que digan as autoridades con respeto a Covid-19, aínda que moitas veces nos guste pouco e sobre todo, pensade que cada día sempre ten que ser o mellor día da vosa vida, porque os que van quedando atrás, xa nada pode facerse por eles. FELIZ 2022 Asdo: Miguel Anjo Gonzaléz Garcia Nota: As opinións publicadas neste blog son únicamente responsablidade dos autores do mesmo.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário