image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

MEDULIO presente nos actos de Vía Galega, Lugo 20 setembro Lembranza da Asemblea Nacionalista de 1918

M Unha representación de Medulio acudiu ao acto co que VÍA GALEGA, plataforma social en defensa da autodeterminación de Galiza, na que estamos integrados, lembrou a vixencia dos principios programáticos que fundaron o primeiro movemento social organizado que se declarou con rotundidade nacionalista. Tomaron a palabra PIlar García Negro e Cosme Eladio Pombo, en representación de Vía Galega, para expresar a liña de continuidade co nacionalismo actual e explicar o carácter pacifista, anti-imperialista, democrático e autodetermista do programa das Irmandades. Os concentrados na rúa da Raíña, a carón do Hotel onde se reuniu a Asemlea Nacionalista en 1918, entoaron o Himno Galego ao final do acto. Repartíuse o Manifesto fundacional das Irmandades entre os asistentes.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário