image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

DESENCHUFÉMONOS.

A humanidade atopase nun momento histórico, onde debemos decidir entre seguir neste modelo de vida imposto polo sistema económico que domina o planeta, ou buscar un novo sistema onde a consecución da felicidade, non este ligada a posesión de bens materiais. O consumismo motor principal do capitalismo, estanos a levar aos humanos e a moitas outras especies, cara ao fin da nosa evolución como especie no planeta. Porque a raíz do KAOS medio ambiental que estamos a sufrir, non é mais que o capitalismo, algo que estase a obviar por parte da maioría das forzas políticas e apenas escoitase no debate político nin nos Mass Media. Con certeza o interese do poder e dos seus monicreques políticos, está en seguir con este sistema económico, que xenera grandes lucros a unhas elites, a costa de depredar o medio ambiente. E isto podemolo ver na propia transición enerxética, a cal, segue co mesmo modelo intensivo das enerxías fósiles, agora coas mal chamadas enerxías verdes. Un modelo que na Galiza imos a sufrir, coa destrución xeneralizada de unha parte importante dos nosos ecosistemas terrestres, como son os montes e as cimas, por parte da enxurrada de proxectos da enerxía eólica. Proxectos que van a acabar coa flora,fauna,solo, paisaxes etcétera, coa única finalidade, de seguir facendo que consumamos enerxía de xeito masivo, para así, seguir engordando escandalosamente os obscenos lucros de unhas elites empresariais. No cabe a menor dúbida, que a xente de a pé, debemos ademais de apostar polo autoconsumo, reducir todo o que podamos o noso consumo quer na mobilidade quer no fogar. Para isto é fulcral facer o seguinte: • Deixar aparcado o maior tempo posíbel o vehículo motorizado, aínda que este sexa eléctrico. • Volver a usar na casa aqueles aparellos, os cales usamos toda unha vida de xeito manual, como moer o café, facer o zume, bater os ovos etcétera. • Mercar aqueles aparellos como electrodomésticos, que teñan o distintivo, o máis alto en eficiencia enerxética e baixo consumo. • Os frigoríficos ou arcóns, situalos na parte máis fresca e fría da casa. • Usar as lámpadas led e sempre de unha potencia o máis baixa posíbel. • Lavar en auga fría a roupa e secala ao aire. Tamén ir a unha lavandería comunitaria non é mala idea. Países de máis alto nivel de vida que Galiza, nas casa non teñen lavadora propia e lavan a roupa en lavadoras comunitarias. • Baixar a potencia eléctrica que tes instalada, é unha boa forma de reducir o consumo, ademais de aforrar cartos na factura. • Cocina sempre á potencia máis baixa que te permita o prato que estes a facer nese momento e usa as tapas das potas. Plantéxate facer unha das comidas quer ao mediodía quer a noite, con un prato frío que no necesite cocción. Se podes instala cociña de indución. Senón usa o calor residual para acabar de cociñar. Non pre-quentes o forno e non abras as portas ata que haxas rematado o prato. Cando uses auga para cociñar usa a xusta. • No deixes os aparellos como Tv, ordenadores etcétera en standby. Aforraras uns bos cartos ao final do ano. • No merques produtos que funcionen co pilas. • En primavera-verán e outono unha ducha en auga fría, é fonte de saúde física e psicolóxica, ademais de unha inversión en lonxevidade. Seguindo estes sinxelos pasos conseguiras reducir o teu consumo, co cal, estarás facendo un ben ao medio ambiente, a túa saúde e aumentando a conta bancaria. Asdo: MIGUEL ANJO GONZÁLEZ GARCÍA Nota: Os artigos de opinbión publicados no blog da Sociedade Cultural Medulio son esponsablidade dos autores dos mesmos.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário