image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

NOVA SECCION DE COLABORACIONS

Abrimos unha sección de colaboracións (poemas, narrativa, ensaio e teatro) de socios e socias de Medulio. Quen desexe colaborar pode enviar os seus textos a blogmedulio@gmail.com
Iniciamos a sección cun poema de Elia Rico Lagarón, presidenta de Medulio.
AS FRAGAS DA REVOLUCIÓN
As nosas fragas nas noites frías
do longo inverno cantan espidas
as crónicas negras dos escapados,
heroes traizoados,encadeados, calados
baixo o ferro voraz da forza dos infames.
Silencio e medo .Tempo sen verbas,
froitas que agroman nas árbores dos tiranos.
A primavera ,fértil femia
ateigada de nomes irreverentes,
escribe soños novos
nos beizos apretados dos escravos
redimidos dos brazos fríos dos verdugos.
Cada home,cada muller, cada crianza,
cada ancián rescatan o nome dun irmán
da memoria soterrada de dor e bágoas,
entoando ao unísono cantos ledos,
credos invencibles.
Fervenzas afoutadas de caraveis vermellos
con toda a forza do sangue dos finados
que se despenan polas rochas podres do poder
devorando un tempo insaciable de rancor.
E na alba de abril multiplicase a luz dun novo destino
nas mans firmes das proles negadas.
Brancos amenceres viaxando erguidos
nos negros solpores dos desterrados.
Os carros da revolución izan sen retorno bandeiras de liberdade.

Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário