image1 image2 image3

Sociedade Cultural Medulio|Facendo que Galiza exista!|Benvidas!

CARVALHO CALERO E A SUA OBRA NA PRAZA PUBLICA

Acabado o confinamento, MEDULIO propúxose celebrar algún dos actos que tiña programado sobre a figura e a obra de Ricardo Carvalho Calero. Optou por levara adiante un espectáculo poético-musical na Praza de Armas, no mesmo centro da cidade, de grande amplitude e restaurada conforme a unha fasquía máis acorde coa primixenia. Fixémolo así por varios motivos: reivindicar a figura e a obra de Carvalho Calero, como unha das nosas prioridades; tomar para iso o espazo público máis céntrico e grande da cidade coa fin de producir o maior impacto posíbel na visión e audición do espectáculo preparado; deixar constancia de, nas actuais circunstancias, estarmos dispostos a contimnuar coa nosa liña de actividades, adaptándoas ás novas condicións decorrentes da situación sanitaria. Todo menos quedarmos estantíos, mudos e pasivos. 
Carvalho Calero, sempre con Galiza, que así denominamos o espectáculo, consistiu nunha mestura da leitura de textos do escritor, intercalados ao longo das actuacións musicais que se basearon en catro poemas del mesmo, tres de Rosalía e catro de Pondal, todos eles musicados por Xoán Padín e Alberto L. Porta, Lidia Piñeiro e Eugenia Sanmartín, que ao mesmo tempo foron voces e instrumentos para lles dar vida, contando tamén con Nélida Santiago (violino) e Xosé Esteban (guitarra). 
Presentouse tamén un folleto, editado por Medulio con artigos sobre distintos aspectos da vida e a obra de Carvalho da autoría de Pilar García Negro, Manuel Rei Romeu, Elia Rico Lagarón, Francisco Rodríguez, Laura Tato e Delia Vázquez. Nel, a maiores, pode verse información sobre a homenaxe, organizado por Medulio en vida de Carvalho, en 1981, e o permiso do propietario da súa casa natal en Ferrol Vello para colocar a placa que aínda hoxe alí figura.
A asistencia de público, conforma a todas as normas sanitarias, en cadeiras e de pé, chegou a máis de  quiñentas persoas, entre as que contemplaron o espectáculo na súa integridade, e as que o fixeron, de forma esporádica e momentánea.

















Share this:

CONVERSATION

0 comentários:

Postar um comentário